lunes, 8 de octubre de 2012

O CASTRO DE PEDROUZOS - LENDA

O CASTRO DE PEDROUZOS

LENDA






     
     Din que no castro de Pedrouzos hai tres minas ou vigas; unha de ouro, outra de prata e outra de alcatrán; como non se sabe cal é esta, e tocarlle non se pode pois todo canto hai no arrededor se queimaría, non se anda en busca das outras dúas.


    Neste castro había tamén un señor encantado, e dunha vez pasou por alí unha muller que daba peito: O encanto a quen ninguén vía chamouna para que dese de mamar a un meniño que el tiña e levouna por unha mina moi longa ata unha casa bonítisima. Despois que lle deu de mamar, trouxo o señor unha untura e mandoulle á muller que metese nela os dedos e logo que se lle untase os ollos ao neno. Fíxoo así, mais ela case sen dar conta pasou os dedos por un ollo seu e dende entón vía por el coma os encantados.

    Ao outro día era 27 foi a muller á feira dasa Cruces de Sobrado e polo ollo que untara viu ao señor do castro que ninguén máis vira. En vez de calar e de non facer caso, chamouno anque el non lle falaba.

    Ende outro día a muller foi ao castro e díxolle o señor:

    - ¿ Con que ollo me viches na feira ?

    Ela mostroulle con cal fora e tiroullo naquel intre.

MAPA
Melide - A Coruña
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901