lunes, 8 de octubre de 2012

O ORIXEN DE XURENZÁS - LENDA

O ORIXE DE XURENZÁS

LENDA



     
     No partido do Carballino, á parte Norte, hai unha aldea chamada Xurenzás, nome que segundo referencias, lle vén dunha heroica loita entre dous mouros que habitaban cada un cóa súa familia en dous sitios distintos, mais a pouca distancia.


   Un deles coñecíase co nome de Zas e vivía nun monte que chaman Peneda do Couto, onde aínda existen traballos e gravados fermosos de letras descoñecidas.


    E o outro habitaba onde chaman Monte Negro, onde hai un cacho de terreo posto en especiais condicións para un caso de guerra: consiste nuha reunión de murallas de 70 metros de longo aproximadamente, e a distancia da unha á outras é de 2 metros. A simple vista teñen na súa base o ancho de metro e medio e rematan en puntiagudo.


    Dise que o segundo mouro tiña unha filla, e o primeiro, ou sexa Zas, chegou a se namorar dela pola súa beleza; e nese caso tratou de mercarlla ao seu pai, mais este negouse a venderlla por ningún diñeiro e foi tanta a furia do pretendente que, en acción de vinganza, "encantoulla". E vendo o pobre pai a situación lamentable da súa filla, mandoulle un ultimatum por un escravo, onde lle dicía que se armasee que no nome do seu Deus saíse ao medio do camiño, onde se xuntaron e loitaron fortemente, quedando Zas como vencedor, o que, colléndoo "airosamente", lle fixo xurar no seu nome que se daba vencido; ao que contestou: " Si, juro en Zas que estou vencido", e de aí lle vén o nome a dita aldea de Xurenzás.

    Despois que pasados anos o pobo era habitado polos cristiáns, cando xa non se dicía existían mouros neste país - non sendo os encantados -, un dos veciños botou a pastar uns porcos cara o monte dito Monte Negro e mandou de gardián un neno, o que se meteu por unha encañada do monteonde estaba unha manta de millo a secar e, carón delas, unha vella moura"arrestrelando liño", e un dos porcos foise tranquilamenteao millo; irritouse a vella e ceibouse ( para matalo ) o restrelo, e con tan boa sorte fuxiu con el cravado o porco, que a toda présa chegou á casa do seu dono, con dito obxeto cravado. Colleuno o dono, examinouno e sacou en limpo que era de ouro.

    Aínda hoxe, aos sucesores desa familia lles chaman "os do restrelo"

MAPA
O Carballiño - Ourense

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901