lunes, 8 de octubre de 2012

O CASTRO DE MARCELLE - LENDA

O CASTRO DE MARCELLE
LENDA



  
      Había neste castro dúas mozas que ían a todas as feiras que o día 6 de cada mes houbo en tempos de Orbán. Eran moi bonitas e ían sempre moi ben vestidas, só que o coiro dos brazos se lles vía todo e aínda máis, e levaban encolgados cada unha a súa carabeliña, de modo e maneira que os mozos ao velas tan xeitosas andaban tolos por elas, e os máis arriscados atrevíanse a acompañalas; mais, ao chegarao sitio chamado O Salgueiriño, que está preto do castro, as mozas desaparecían sen se saber como os acompañantes quedaban coa boca aberta.

   Un día chegou á feira do día seis de Orbán un señor e mercoulle unha xugada de bois a un home de Carballedo encargándolle moito que lle termara dela namentres el gobernaba na feira outros asuntos que tiña que gobernar.

   O de Carballedo estivo tendo tino dos bois e o señor deu moitas voltas pola feira enrriba e abaixo mais, como se fixera tarde, o home pediulle o señor que o despachase axiña porque xa emprencipiaba a empardecer. Pagou o señor a xugada e, ao saber que o vendedor era de Carballeiro, díxolle que xa que levaban o mesmo camiño podía axudarlle a traer os bois.

   Foron xuntos un anaco e, ao chegar ao Salgueiriño; o señor petou co pé no chan, que se abriu de súpeto. Entraron todos polo buraco e deron en andar por debaixo da terra ata que de pronto o señor lle deu un empuxón ao home e díxolle:

   - Queda aí nesa esquina.

   Dende ela e ben agachado viu como saían quelas dúas mozas cos brazos recachados e cada unha co seu coitelo na man. Coidou o home que a súa fin era chegada, mais as mozas saltaron nun dos bois e deseguida o mataron. e despois unha delas deu en cheirar e díxolle ao pai:

   - Cheirame a carne de "cristiano vivo"

   Ao que o pai respondeu:

   - Non, miña filla, que é a pan cocido.

   E para o outro día, á saída do Sol, seica soltaron ao de Carballedo sen lle facer nada de novo.



Vilamarín - Ourense
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901