lunes, 8 de octubre de 2012

ENCANTOS DO CASTRO DE CAMEIXA

ENCANTOS
DO
CASTRO DE CAMEIXA 
LENDA





     No medio do socastro hai unha trabe de alcatrán que toupará en labaradas no intre mesmo en que se lle toque.


   No castro teñen aparecido moitas cousas dos mouros e tamén animais vivos que son da súa pertenza.  
     

   Dunha vez un tal Callobre, que é veciño de Cameixa, encontro unha ola enteira, mais en cando lle quixo botar man desfixose por si mesma. Os mouros viven no castro por baixo da terra.

   Hai xa tempo que un individuo indo ao pé da Casa Grande viu dous homes que baixaban do castro, montados nuns machos grandes e que traían unha becerra e unha cabra. e os dos machos preguntaronlle por un camiño bo para non tropezasen os animais.

   O home, anque de primeira calou, despois mostroulles un camiño bo, e entón os forasteiros porfiáronlle para que levase a cabra ou a becerra.

   Escolleu a becerra e eles mandáronlle que a levase para a casa, encargándolle moito que non lle tocase ata que esivese nela. Cando chegaron, o homer tocoulle e a becerra desfíxose en prata.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Boborás - Ourense
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901