lunes, 8 de octubre de 2012

A CASA DA MOURA - LENDA

A CASA DA MOURA
LENDA

 
     
     Era un pobre que ía á maña cedo para a feira do 12, e ao pasar pola Casa da Moura saíulle un mouro e preguntoulle:


   - ¿ E logo para onde vai ?


   - Voulle para a feira mercar uns porquiños.


   - ¿ E ten moito diñeiro para os mercar ?


   - Ai, señor, eu diñeiro téñolle pouquiño.


   - Ben, pois vas á feira e mercas dous porcos dos mellores que haxa, e espéradesme alí ti e mais os que chos venden. e despois vou eu a págollos.


   E pasou todo segundo dixera, e o mouro quedou cun porco e o home con outro.

   E entón o mouro díxolle ao home:

   - Mira, todas as mañás cedo tráesme aquí medio neto de leite. Ti non chames por ninguén. Deixao neste sitio sinalado que xa terás nel un peso todos os días. E así segues sempre. E ten tino de non decir nada a ninguén, que estas cousas non se poden dicir.

   E por moito tempo o home levou o leite e colleu os cartos.

   Mais a súa muller sempre lle andaba dicindo.

   - ¿ De donde che veñen os cartos ? Porque antes non tiñamos casi ningúns e agora temos moitos. Ti tes que ter unha amiga que chos dá.

   E o home contestabálle:

   - Non, muller, non. Ti come e bebe e a min déixame, que eu non teño amiga ningunha.

   E ela volvía a porfiar.

   - Pois ti tesmo que dicir, que dalgún lado che veñen.

   E tanto porfiou e tanto fixo que rematou por llo dicir.

   Veu para o outro día á mañá e o home foi co leite, mais, ao chegar ao sitio sinalado, en vez dos cartos atopou un corno cun letreiro que dicia:

Falaches
Corneaches

MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Calvos de Randín - Ourense
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901