sábado, 6 de octubre de 2012

O BRAZO PARTIDO DO RAPOSO


O BRAZO PARTIDO DO RAPOSO 
CONTO


 

     
     O raposo e mais a raposa viron pereira madura, e a raposa díxolle ao raposo:

     -Sube e colle unhas peras.

     -Vou caer -dixo o raposo- e se parto unha perna.....

     -Anda, que non caes.

     Subiu o raposo, caeu, e partiu un brazo. Daquela díxolle á raposa:

     -¡Oes, vaite á porca que che dea catro sedas!

     A raposa foise e díxolle á porca:

     -¡Porca, dáme catro sedas para lle levar ao meu Peruchiño que caeu dunha pereira enbaixo e partiu un brazo!

     -¡Desgraciado! -díxolle a porca-. ¡Pois dille á ucha que che dea as aveas!

     -¡Ucha, dáme as aveas para lle levar á porca, para que a porca me dea catro sedas, para  llas levar ao meu Peruchiño, que caeu dunha pereira embaixo e parteu un brazo!

     -¡Desgraciado! -díxolle a ucha-. ¡Dille ao ferreiro que che deas as chaves!

     -¡Ferreiro, dáme as chaves para que a ucha me dea as aveas para llas levar á porca, para que a porca me dea catro sedas, para llas levar ao meu Peruchiño que caeu dunha pereira embaixo e partiu un brazo!

     -¡Desgraciada! -dixo o ferreiro-. ¡Dille á ovella que che dea un carneiro!

     -¡Ovella, dáme un carneiro para que o ferreiro me dea as chaves, para que a ucha que dea as aveas para llas levar á porca, para que a porca me dea catro sedas, para llas levar au meu Peruchiño, que caeu dunha pereira embaixo e partiu un brazo!

     -¡Desgraciada! - díxolle a ovalle-. ¡Dille á cadela que che dea un can! 

     ¡Cadela, dáme un can, para que a ovella me dea un carneiro, para que o ferreiro me dea as chaves, para que a ucha que dea as aveas para llas levar á porca, para que a porca me dea catro sedas, para llas levar au meu Peruchiño, que caeu dunha pereira embaixo e partiu un brazo!

     ¡Desgraciada! -díxolle a cadela-. Dille á panadeira que che de un pan!

     ¡Desgraciada! -díxolle a panadeira.- ¡Dille á vaca que che de leite!

     -¡Vaca dáme leite, para que a panadeira me dea un pan, para que a cadela me de un can, para que a ovella me dea un carneiro, para que o ferreiro me dea as chaves, para que a ucha que dea as aveas para llas levar á porca, para que a porca me dea catro sedas, para llas levar au meu Peruchiño, que caeu dunha pereira embaixo e partiu un brazo!

     -¡Desgraciada! -díxolle a vaca-. ¡Dille ao prado que dea herba!

     ¡Prado, dáme herba, para que a vaca me de leite, para que a panadeira me dea un pan, para que a cadela me de un can, para que a ovella me dea un carneiro, para que o ferreiro me dea as chaves, para que a ucha que dea as aveas para llas levar á porca, para que a porca me dea catro sedas, para llas levar au meu Peruchiño, que caeu dunha pereira embaixo e partiu un brazo!

     ¡Desgraciada! -dixo o prado-. ¡Fai que me reguen!

     E a raposa fixo que regaran o prado, e o prado dou herha, e a herba levoulla á vaca, e a vaca deulle leite, e o leite levouno á panadeira, e a panadeira deulle pan, e a cadela deulle o can, e o can levoullo á ovella, e a ovella deulle o carneiro, e o carneiro levoullo ao ferreiro, e o ferreiro doulle as chaves, e as chaves levoullas á ucha, e a ucha deuñlle as aveas, e as aveas levoullas á porca, e a porca deulle as sedas, e cando a raposa chegou coas sedas ¡xa o seu Perichiño morrera!


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

1 comentario:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901