martes, 9 de octubre de 2012

MANTIS RELIGIOSA - BARBANTESA

 Mantis religiosa 
Barbantesa
(Mantis)



      A Barbantesa ou mantis é incrible. Toda unha máquina de matar.
 
Nome castelán:
     Mantis religiosa. Insecto de Santa Teresa. Campanero. Campamocha. Tata diós. Mamboretá.

     A súa cabeza é movil, as patas raptoras o 100% e a súa incríble vista fan dela un insecto marabilloso. É moi dificil vela , xa que o seu mimetismo é fora de serie e confúndese facilmente co entorno de follas verdes. Si estas non son verdes tamén se adapta.
 

Dimensións:
     Entre 4 e 12 cms. de lonxitude. Os machos son máis pequenos, bastante máis que as femias.
 

Identificación:
     Dependendo onde viva pode ter cor verde ou castaño.

     Ten tres rexións perfectamente diferenciadas: a cabeza, o torax e o abdomen.

     As patas frontais teñen garras para coller as presas mellor.

     Os ollos son compostos e grandes e a cabeza xira ata 180º. Incríble.

     Seica ten tres olliños máis entre as antenas e entre os ollos que se ven, son bastante grandes.


 

Alimentación:
     Ten moitísimo apetito. É moi, moi voraz. 

     Gústanlle todo tipo de insectos: polillas, grilos, chapulíns e moscas. Incluso é posible que se coman unhas a outras.

     Repito é unha máquina de matar. Rapidísima.

     A verdade é que lle vai todo, incluso as vacalouras, que mira que son duras, pois pode con elas, búscalle o xeito e  veña pro bandullo.

     A mantis actua da seguinte forma: sopoñase que Vd. é un grilo, de repente entre a vexetación surxe un ser moi feo, vd. queda paralizado mirando, sorprendido, ¿ que será esto? , mentras unhas patas increibles:


     Veñen super-rápidas é producen un abrazo mortal, cólleno por sorpresa.

     A verdade "dese por morto"...
     As súas mandíbulas son moi fortes e cortan perfectamente os insectos como os saltóns , grilos e mismo vacalouras que teñen un caparazón bastante groso. Todo vai para dentro.

     O lanzamento dos fémures é vinte veces máis rápido que un parpadeo dun ollo humán. Casi nada.
 

Habitats:
     Viven en todo tipo de bosque onde teña plantas. A barbantesa sempre será de cor parecido, si son plantas cor verde, será verde.

     Si son árbores será do cor da árbore.


     Si hai palla o redor será da cor da palla.

     A barbantesa gústanlle sobre todo os prados, xa que neles ten moita posibilidade de comida: saltóns, grilos, arañas, etc.

     É voadora polo que pode cambiar de lugar con facilidade, de tódolos xeitos non voa grandes treitos.

     De tódolos xeitos o orden dos mántidos comprende 8 familias e 2.000 especies. Hai polo tanto moitos tipos.




Reproducción:

     As femias son máis grandes que os machos. Teñen o abdomen máis grande. 
     Sin dúbida trátase dunha amante peligrosa, xa que a cópula remata co seguinte, a femia nun intento de aumentar a potencia sexual e dado que o macho é moito máis pequeno, decapita dun mordisco o macho, para acto seguido, empezar a devoralo.

     O pobre macho morre de amor...nunca mellor dito.
     Esto de tódolos xeitos non ocurre sempre, o macho sálvase moitas veces, pero ten que andar con ollo, nunca mellor dito...

     A posta dos ovos faixe no outono e na primaveira os ovos eclosionan. Pon os ovos en montonciños espumosos que ata as ramas. Esta espuma endurécese e protexe os ovos. Cada saco ten 200 a 300 ovos.

     O crecemento da barbantesa ten tamén un proceso coñecido como  “metamorfosis incompleta”, así non hai estado de larva ou pupa. As ninfas son iguais as adultas. Por suposto o que cambia é o tamaño, a falta de alas, e que non estén sexualmente desenroladas. Os tres estados son ovo, ninfa e adulto.

     Durante a súa vida a barbantesa crece e cambian o seu  exoesqueleto (esqueleto exterior) de 6 a 9 veces. Cando alcanzan a madurez os animais aparéanse, as femias poñen os ovos e os pais morren o cabo dun tempo corto. 


 
Curiosidades:
     Aparte das xa escritas, que non son poucas, a súa rapidez collendo as presas é incríble, realmente teño observado o fenómeno e non me entero, soio cando xa a presa está entre as súas garras.

     É como unha acción borrosa, pola rapidez. Dicen que move os fémures 20 veces máis rápida que o parpadeo dun ollo humán...

     Os ollos permítelle a capacidade de ver imáxenes e cores. Ten ademais visión binocular que lle permite facer cálculos moi exactos.

     A súa postura favorita é polo tanto sosteñerse alzada sobre as súas extremidades posteriores mentras levanta as patas anteriores e mantenas dobladas frente a cara. Parece que está rezando por eso os galegos a chamamos barbantesa, como si fora unha monxa rezando.


     É tamén o único insecto que "pode mirar por riba do ombreiro", efectivamente a súa cabeza pode xirar perfectamente. 

     Son ademais voadores.
     O crecemento da barbantesa ten tamén un proceso coñecido como  “metamorfosis incompleta”, así non hai estado de larva ou pupa. As ninfas son iguais as adultas. Por suposto o que cambia é o tamaño, a falta de alas, e que non estén sexualmente desenroladas. Os tres estados son ovo, ninfa e adulto.

     Durante a súa vida a barbantesa crece e cambian o seu  exoesqueleto (esqueleto exterior) de 6 a 9 veces. Cando alcanzan a madurez os animais aparéanse, as femias poñen os ovos e os pais morren o cabo dun tempo. corto. 

     En certas comarcas de Granada os máis vellos do lugar afirman que a "Santa Teresita", que é como lle llamán alí a Barbantesa é capaz de cortar cós dentes unha cadena de ouro. Evidentemente esto no é certo pero dise xa que é moi rápida e atrapa os insectos dunha forma que é imposible que se escapen xa que no fémur ten moitas espiñas.

     As súas mandíbulas son moi fortes e cortan perfectamente os insectos como os saltóns , grilos e mismo vacalouras que teñen un caparazón bastante groso. Todo vai para dentro.

     O lanzamento dos fémures é vinte veces máis rápido que un parpadeo dun ollo humán. Casi nada.

     Nas Baleares, outra curiosidade, chámanlle "cavalls de serp" e dice algunha xente que as barbantesas traen mansaxes do máis alá.

     Por último hai outro mito que pensa que a barbantesa hipnotiza os demais insectos e así calquera. Unha vez que están quietos e parados lanza as súas patas e logo a comer...

     Evidentemente non fai falta hipnotizalos a súa rapidez é incrible e os insectos quedan atrapados rápidamente coas súas patas anteriores.



XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901