MANTENZA ENTEIRA
CONTO
CONTO
Encontráronse unha vez dous compadres e, antes de despedirse, un deles
invitou ao outro con moita insistencia para que lle fora un día pola
casa. Así llo prometeu o segundo compadre e, un día de inverno, apareceu
pola súa casa. Mandouno pasar para a cociña, sentouno nun escano, fixo
un bo lume diante del, puxéronse a falar de moitas cousas e, cando viu o
compadre da casa que o lume quentaba ben, díxolle o outro:
-Compadre, ¡esta é media mantenza!
-Éa - contestou o segundo separando un pouco as pernas do lume.
Seguiron falando un bo pedazo e o segundo compadre, vendo que non lle
ofrecían a merenda e que xa logo era ben noite, despidiuse e marchouse
para a casa pensando como cobrarlla ao compadre.
Pasou algún tempo e un día volvéronse encontrar. O segundo compadre, disimulando como puido, púxose moi contento, e dixo:
-Hom, xa tiña ben ganas de encontrarte ¡pois comprei, na feira pasada
unha xuvenca moi bonita e quería eu que a vises! Mira, domingo pola
tarde, espérote na casa.
Quedou o primeiro compadre de lle ir ver a xuvenca e, efectivamente, o
domingo foi á casa do compadre. Este ensinoulle a becerra e o demais
gando e, despois, mandouno pasar para a cociña, sentouno nun banco e
fíxolle un bo lume por diante e por tras. Cando os dous lumes estiveron
ben encendidos dixo o da casa:
-Compadre, ¡esta é a mantenza enteira!
O outro compadre ben o comprendeu e, disimulando como puido, dixo que
xa quentaba algo de máis, levantouse, mirou o reloxo e, facendo coma que
lle era tarde, dixo:
-¡Oe, non pensei que era tan tarde! Téñome que ir. Xa virei por aí outro día con máis calma.
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901