IGREXA DE SAN LOURENZO
OUZANDE
A ESTRADA
PONTEVEDRA
OUZANDE
A ESTRADA
PONTEVEDRA
San Lourenzo de Ouzande é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada.
En 1842 tiña unha poboación de feito de 223 personas. A poboación, distribuída en 6 entidades, pasou nos vinte años que van de 1986 a 2006 de 521 a 373 personas, o que significou unha perda do 28,41%.
No 1836 A Estrada non pasaba de ser unha modesta aldea formada por media ducia de casas á beira dunha intersección de camiños polos que transitaban peregrinos camiño de Santiago procedentes de Portugal e Terra de Montes, así como os que buscaban os baños de Cuntis e Caldas ou as terras de Arousa.
     Co tempo esta pequena aldea empezou a  gañar 
importancia debido ás transaccións económicas e mercantís que se  
realizaban nela, cambiando, a un tempo de nome, pasándose a chamar 
Estrada, como  sinónimo de camiño ou vía.
     Nesta época e  no territorio que actualmente comprende o Concello da 
Estrada, asentábanse cinco  xurisdicións diferentes: Tabeirós, Codeseda,
 Vega e Oca, Viso e Vea, unidas en  1837 como "Ayuntamiento de Cereijo" 
que xa comprendía as 51 parroquias que  compoñen o Concello na 
actualidade.
     Posteriormente, movementos  revolucionarios en 1840 fan que toda a 
Corporación sexa destituída e que a nova  xestora reivindique o nome de 
Concello da Estrada. 
A adhesión en 1875 á Monarquía de Afonso XII tivo como consecuencia que en 1878 pasase a ter tratamento de Ilustrísimo, elevándose en 1912 a Excelentísimo.
     Nestes primeiros  anos de século a 
vila contaba xa con iluminación pública, mercede ao salto  situado no 
lugar de Pina en Aguións.
     Tamén comeza a saír á rúa  prensa propia, do ano 1906 son "La Voz del 
Pueblo " e " El Eco Estradense"; logo  virían "La Palanca" e "La 
Vanguardia". 
O 15 de setembro de 1920 viu a luz "El Emigrado", deixando de aparecer no 1940 por dificultades oficiais obvias, e así pouco a pouco, introducímonos nos tempos actuais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901