¡CARAFIO CO ENCIÑO!
CONTO
CONTO
Manecho era un "americano" que botara nas Américas e mais nas viaxes
polo menos dez meses e xa levaba na casa dende que volvera seica dous ou
tres, por iso seguía sen botar unha man ao traballo.
Un día que o pai escollía na louza na eira, Manecho, cabo del,
recollido no alpendre para que non tomara o sol, movía unha ferramenta
coa punta do pé e preguntoulle ao vello:
-¡Mi padre! Diga vosté, mi padre, ¿ cómo llamás vós por acá a esta herramienta?
O pai mirou para el e non deu fala.
-¿Es que vós no me oís, mi padre? insistiu el.
-¡Oín, home oín! ¿E logo é que ti non o sabes?
¿Esquenceuche?
¿Esquenceuche?
Manecho nun descoido, fixo más forza co pé, e o mango da ferramente foille bater nos fociños.
-¡Carafio co enciño! -dixo.
-¡Ai, recorcio! ¡Logo lembráchelo decontado! -fixo o vello.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901