viernes, 12 de octubre de 2012

CAPELA DOS REMEDIOS - FILGUEIRA


CAPELA DOS REMEDIOS
FILGUEIRA
CASTRO
CERDEDO


     
     Filgueira é un dos catro lugares que forman a parroquia de Castro, no concello pontevedrés de Cerdedo.

 
     Destaca polas mostras de arquitectura popular que se poden atopar en tódalas casas. 



     Están construídas con muros de cachotaría e sillería de granito e cubertas de tella, aínda que nalgúns casos mantense o sistema de cuberta máis tradicional da zona, a base de laxes superpostas. 


     Moitas das casas constan dunha planta baixa e un primeiro piso, en moitos casos con balcóns e solainas. 




     Tamén destaca a Eira da Ermida, un fermoso eirado composto por un conxunto de 12 canastros que se atopa xunto a capela da Virxe dos Remedios, queimada no ano 1809 polas tropas de Napoleón durante a guerra da Independencia Española.
 

     
   Filgueira é terra de moitos ferreiros e fiadeiros e sobre todo destacan famosos canteiros, como Domingo Matías e Tomás Penelas.


 
     O día grande celebrase o 8 de Setembro, na honra da Virxe dos Remedios.




  MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901