CAPELA DE SAN MIGUEL
BARRO DE ARÉN
CERDEDO
PONTEVEDRA
BARRO DE ARÉN
CERDEDO
PONTEVEDRA
A parroquia de San Xoán Bautista de Cerdedo ten unha poboación de 935
habitantes, repartidos nas entidades de Abelaíndo, Arén, Barro, Cabenca,
Carballás, Cavadosa, Cerdedo, Cernados, Chamadoira, O Coteliño,
Limeres, Lourido, Meilide, Revolta, San Bernabé e Viduído.
Bañan á parroquia o río Lérez e os seus afluentes, que con augas
cristalinas permiten a localización do rápido viaxar das súas abundantes
troitas, dispoñendo para os aficionados á pesca dos cotos de pesca de
Cerdedo nos ríos Lérez e Castro.
Cerdedo, integrado na comarca de Terra de Montes, formaba parte no
século VI da Diócese de Iria. En 1115, dona Urraca otorgou a Xelmírez o
señorío absoluto destas terras que formaban parte do actual municipio.
Desta terra xurdiron os primeiros caudillos populares na loita contra os
franceses, pagando por iso co incendio do templo de Castro e o arraso
da parroquia de Quireza.
Dentro do patrimonio cultural destacamo-los numerosos muíños que se
atopan nun treito do río Lérez. Esta zona, chamada polos veciños "os
muíños", está situada ó final dun camiño estreito que está na man
dereita da Ponte Valoutas.
Neste lugar hai sete muíños dos que destacan o Muíño de Rosendo, antigo aserradeiro, o Muíno dos Netos, aínda en funcionamento e o Muíño dos Santeses.
Tamén destacamos dúas eiras, a máis singular delas é a Eira
da Pena situada na outra aldea. Trátase dunha concentración de
canastros onde antigamente a xente mallaba o centeo. No barrio das
Longas atópase a segunda eira, chamada Eira dos Netos, actualmente moi
descoidada.
Fai uns corenta anos en Cerdedo celebrábanse numerosas festas, e se ben
hoxe algunhas se perderon outras estanse a recuperar, como a festa de
San Pedro que se volve a celebrar dende hai uns anos. A festa de San
Pedro é o 29 de Xuño, celébrase cunha misa solemne no barrio de San
Pedro, logo os veciños van comer á carballeira do mesmo nome e pola
noite hai unha gran festa.
Outra das festas celebradas é a de San Xoán, patrón de Cerdedo.
Celébrase cunha sardiñada e unha churrascada patrocinada polo concello
para tódolos veciños, e ás doce da noite préndese a tradicional
fogueira para espanta-las meigas.
Nembargantes, a festa máis importante da parroquia é o Ecce Homo.
Celébrase dúas veces no ano, en inverno o domingo anterior ó entroido,
con novena durante toda a semana e o sábado e domingo con misas
solemnes. No verán celébrase de igual xeito, pero con verbenas pola
noite os últimos venres, sábado e domingo do mes de xullo. A celebración
do verán é moi importante pola súa procesión coas imaxes do divino
Ecce-Homo, da Virxe das Dores e da Cruz do Desencravo, asistindo os
devotos vestidos cun hábito de Nazareno. Ten moita devoción e
asistencia.
Como fillos ilustres de Cerdedo temos o Pai Martín Sarmiento que viviu no pazo de Raposeiras en Meilide, o párroco Fernando García Leiro que fundou a rectoral e intentou facer un asilo e Pedro de Arén, mestre arquitecto das torres da catedral de Ourense.
Esta parroquia é moi rica dende o punto de vista arqueolóxico:
achádegos do neolítico, numerosos dólmenes, petroglifos nas ladeiras do
Lérez, castros e restos de calzadas románicas. Parte destes restos foron
estudiados por Bouza Brey e por Álvarez Limeres.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901