AS GAIVOTAS
As gaivotas son aves voadoras da familia "Laridae". Atópanse estreitamente relacionadas coas cos membros da familia Sternidae, e a máis distancia coas aves zancudas. A maioría das gaivotas pertence ó xénero Larus.
As gaiovotas son en xeral páxaros grandes, de cor gris ou branca, a míudo con pintas negras na cabeza ou nas ás. Adoitan ter bicos robustos, bastante longos.
A maioría das gaivotas, particularmente as do xénero Larus, son carnívoros ou detrívoros (tomarán a comida viva ou a recollerán do lixo se teñen a oportunidade) que inclúen na súa dieta cangrexos e peixes pequenos.
As gaivotas adoitan ser aves mariñas ou de lagos, ríos e lagoas interiores. Son voadoras de grandes distancias. As especies de maior tamaño tardan ata catro anos en lograren unha plumaxe de adulto, nas gaivotas pequenas este tempo redúcese a dous anos.
Son aves listas e intelixentes, con complexos métodos de comunicación e unha estrutura social moi desenrolada. Certas especies (Larus argentatus) posúen condutas moi complexas.
Moitas especies de gaivota aprenderon a coexistir co home medrando as súas poboacións en zonas preto de núcleos urbanos costeiros.
Os ornitólogos clasifican ás gaivotas en dous subgrupos:
- As gaivotas de testa branca e ás grandes ex. Larus argentatus, Larus marinus, Larus fuscus.
- As gaivotas de ás brancas menores ex. Larus glaucoides, Larus hyperboreu
A taxonomía das gaivotas é complicada, especialmente nas de testa branca.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901