domingo, 7 de octubre de 2012

A POMBA NA NOSA CULTURA

A POMBA NA NOSA CULTURA





     
     A pomba foi considerada sempre como símbolo do amor conxugal, pola fidelidade que se gardan o macho e a femia axeitadamente emparellados. Como elemento decorativo, a pomba figura representada en construccións rurais do país, pois non é estraño vela nas puntas dos tellados en outono, a dúas augas, unhas veces en repouso e outras en actitude de comeza-lo voo; e aínda servía de coroación a moitos canastros e a non poucas chemineas aldeás, en número de dous, colocadas unha fronte a outra. 


     
     Considerouse tamén como ave de significación lúgubre e demoníaca, téndoa por símbolo fúnebre nas sepulturas cristiás. 




     Esta crenza estaba tan arraigada na conciencia popular que nun romance antigo, a sogra cruel e vingativa dicía que ó volver da caza o xenro odiado lle daría de comer do que traia: da perdiz sería o de menos, e da pomba sería o máis, feito que amosa a pouca ou ningunha estimación na que era tida a carne de pomba. 


 
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901