A COBRA DO ENCANTOLENDA
Cóntase que unha vez un mozo que andaba nun prado na beira do río, viu chegar un mouro e unha rapaza guapísima, e aquel mouro sei que era o "encanto". O mozo, agachouse, chegou pé deles sen que o visen, a tempo que o encanto despois de falar nunha fala estraña dixo:
-O que te desencantar tres bicos tenche que dar, e coa mesma desapareceron mouro e muller por riba do río mesmamente coma se fose a brétema que varre o aire.
O rapaz, curioso por ver o que pasaba, foise ao outro día de amañecida ao mesmo sitio, e agardou beira do río nun claro entre as ramalleiras, mirándose no buligar das augas; pouco había que chegara cando oíu un asubío polo medio do río, mirou, e estarreceu; era a cóbrega máis grande e máis fea que endexamais viran ollos de home, e avantaba por riba da auga coa cabeza ergueita, os ollos regalados e botando e recollendo un ferrete grande coma o dedo dunha man, con perdón.
O rapaz gañou medo, mais emporiso, soubo ser home e agardou terne que terne, con firmidía; a cóbrega fuxiu coma un lóstrego, batendo a auga co rabo, e asubiando, ao pouco voltou outra vez, e tamén fuxiu coma antes, e ao vir por terceira vez, e terlle dado o terceiro bico o rapaz, a cóbrega perdeu aquel seu feitío para se trocar de novo na belida rapaza que caeu a chorar entre os brazos do arriscado rapaz.
SÍGUENOS:Google+YouTubeXOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901