domingo, 7 de octubre de 2012

A COBRA DO ENCANTO - LENDA


A COBRA DO ENCANTO
LENDA





     Cóntase que unha vez un mozo que andaba nun prado na beira do río viu chegar un mouro e unha rapaza guapisima, e aquel mouro sei que era o encanto. O mozo agachouse, chegou pé deles sen que o visen, a tempo que o encanto despois de falar nunha fala estraña dixo:



O que te desencantar

tres bicos tenche que dar.


     E coa mesma desapareceron mouro e muller por riba do río mesmamente como se fose brétema que barre o aire.

     O rapaz, curioso por ver que pasaba, foise ao outro día de amañecida ao mesmo sitio e agardou beira do río nun claro entre as remalleiras, mirándose buligar das augas; pouco había que chegara cando oíu un asubio polo medio do río, mirou e estarreceu; era a cólebra máis grande e máis fea endexamais viran ollos de home, e avantaba por riba da auga coa cabeza ergueita, os ollos regalados e botando e recollento un ferrete grande coma o dedo dunha man, con perdón. 


     O rapaz gañou medo, mais emporiso soubo ser home e agardou terne que terne, con firmidía; a cólebra fuxiu coma lóstrego, batendo a auga co rabo e, asubiando, ao pouco voltou outra vez, e tamén fuxiu coma antes; e ao vir por terceira vez, e terlle dado o terceiro bico o rapaz, a cólebra perdeu aquel feitío para se trocar de novo na belida rapaza que caeu a chocar entre os brazos do arriscado rapaz.

     Disque daquela o mozo levou á rapaza e foron casar, indose lonxe, moi lonxe, soutras terras que hai polo mundo, de donde disque ela era e para viviren dos tesouros do encanto,

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
San Vicencio de Vigo, Carral - A Coruña
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901