domingo, 7 de octubre de 2012

A SEÑORA DO CASTRO ALEGRE - LENDA


A SEÑORA DO CASTRO ALEGRE
LENDA




     
     A un rapaz que andaba co gando no castro saíulle un día unha moza que se penteaba os cabelos cun peite de ouro.

     -¿Ai, señora, se me dese ese peite con que se peitea! -díxolle o rapaz.

     -Dareiche o peite e dareiche moito máis aínda ata facerte rico se fas o que eu diga e non te acañas.

     E díxolle ao rapaz que lle levase ao día seguinte unha cunca de leite bendito, e que non se acañase co que sucedese pois, mentras bebía ela o leite, el tiña que ter man da cunca.

     Foi o rapaz coa cunca e saíulle unha cobra que se puxo a beber no leite o rapaz, sen se acañar, tiña man da vasilla. Bebeu todo a cobra e, ao rematar, converteuse na señora do outro día e deulle moita riqueza.

MAPA
Salvaterra - Pontevedra
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901