O ADIVAL
TROCADO EN SERPE
LENDA
Un señor de Macenda moi rico que tiña un criado quixo viaxar e mandoulle que arranxase todo, que ían ir os dous polo mundo: no intre o señor foise á horta, atou o diñeiro, que era moito, e atouno cun adival dicindo ao mesmo tempo:
Adival eres, culebrón te has de volver;
el que de aquí te ha de sacar, tres besos te ha de dar.
Mai o criado oíuno e, cando chegou ao barco que os había de levar, no
instante de saír xa para o mar e cando todos estaban a bordo, dixo que
agardasen un momentiño que se lle esquencera unha cousa principal.
O barco agardou, mais en vista de que non voltaba ergueu áncoras e foise co señor só.
O criado en tanto marchou ao sitio do tesouro e saíulle unha cobra
grandisima. Tremeu un pouco, mais por fin deulle un bico e a cobra
retorceuse, deulle o segundo e a cobra apreixóuselle ao corpo coma se
quisexe acabar con el; deulle o terceiro e a cobra converteuse en
adival. O mozo entón colleu o tesouro e, cando o señor voltou, atopouse
sen ren.
MAPA
Macenda - Boiro
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901