A CIDADE E A SERPE
DE
OUTEIRO DE RUBIÓS
LENDA
DE
OUTEIRO DE RUBIÓS
LENDA
No outeiro de Rubios houbo unha gran cidade chamada San Salvador ou Cachiquimbra, nome que aínda leva unha parte do monte.
    
 Esta cidade foi atacada polos romanos ou pobos franceses que estaban no
 castro do Furriolo. Emprencipiou o ataque con un gran fuego, sostido 
desde o propio Furriolo a pesar da distancia de dúas leguas que os 
afasta, pois é sabido que os antigos tiñan mellores armas e de máis 
alcance que as nosas. Fóronse despois acercando os inimigos a 
Cachiquimbra, puxéronlle sitio e remataron por destruíla, morrendo dos 
da vila 11.000 mártires e dos atacantes, mortos tamén.
    
 Cando os sitiadores estaban xa ao pé da vila, uns soldados foron pousar
 unha miga á beira dunha poza, que aínda existe, e sentaron nunha que 
coidaron trabe, que estaba deitada no chan.  Pouco tempo durara a pousa 
cando sentiron rebulir a trabe, e viron con espanto que era unha serpe 
grandísima, mais tiña tan duro o coiro que as balas non lle entraban; e 
entón foi cando un dos soldados mandou que colleran un anaco de carne e 
que o prendesen no cabo dunha corda. Feito isto, déronlle a carne á 
serpe e, en canto lle entrou nas gorxas, ataron a corda a un penedo e a 
serpe morreu no instante mesmo.
MAPA
Celanova - Ourense
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901