XAN SEN COIDADOS
CONTO
CONTO
Un home que todo lle parecía ben nesta vida e que non se apuraba nin no
apuro máis grande, puxo un letreiro na súa porta que dicía: "Xan sen
coidados".
Un día pasou por alí o rei paseando, viu o letreiro e preguntoulle aos
acompañantes quen era aquel home. Respondéronlle que era un fulano ao
que non lle metía apuro ningunha cousa deste mundo nin de outro.
-¡ Home! – dixo o rei- . Con que eu, que son o rei, teño coidados e mais coidados... Chamade por el, que xa eu lle buscarei coidados.
Chamaron por Xan sen Coidados e díxolle o rei:
Xa que non tes coidados vouchos buscar eu; dentro de tres días hasme
dicir canto pesa a lúa, cantas xornadas hai de aquí ao ceo e canto vale a
miña persoa.
¡ Entón si que lle entraron coidados ao Xan sen Coidados!
Por moitas voltas que lles daba ás preguntas que lle fixera o rei, non
atopaba que lle responder. Paseando un día polo monte encontrou un
pastor que lle preguntou por que andaba tan caviloso, el que era sempre
tan alegre. Contoulle o caso e o pastor respondeulle:
-¡ Por pouca cousa te apuras, home! As respostas son estas: a lúa ten
catro cuarteróns, logo pesa unha libra. De aquí ao ceo hai unha soa
xornada, pois como non hai tabernas no camiño non hai onde parar. O rei
non vale máis ca vintenove moedas, pois se Cristo valeu trinta, algo
menos valerá o rei.
Foise Xan sen Coidados coas respostas ao rei, que se admirou de tanto
saber e levou o pastor e a Xan sen Coidados para onda el.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901