lunes, 8 de octubre de 2012

SANTA TRAHAMUNDA - LENDA

SANTA TRAHAMUNDA

LENDA




     Santa Trahamunda foi unha monxa que vivía no convento de San Martiño coas súas irmás, que pertencían á orde de San Bieito.
 
      Os mouros, que invadiran España, chegaron a Galicia e levaron como botín ás mozas máis belidas como regalo para o seu sultán.
 
      Atopábase un día Trahamunda apacentando as ovellas na xunqueira que había onde está agora o noso colexio, e chegaron os mouros. Como era moi fermosa, levárona para o harén do sultán, para que fose unha máis das moitas mulleres que alí tiña. Ela negouse e foi encerrada nun calabozo.
 
      Así pasou o tempo, ata que chegou o día de San Xoán. 


     Trahamunda púxose moi triste: acordábase das irmás e sentía anceios moi grandes de volver a Poio. En soños aparecéuselle un anxo que lle puxo unha poliña de palma na man. 

     Cando espertou atopouse nun prado xunto ó convento. Era o amencer e os frades do mosteiro cantaban matíns. Sentiu unha grande ledicia e alí mesmo plantou a palma que, co tempo, foi medrando. Dende entó aque prado chamouse "Prado da Palma".
 
      Trahamunda viviu moitos anos no convento e cando morreu foi enterrada no sartego de pedra que se conserva na capela do convento de Poio.



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901