sábado, 6 de octubre de 2012

REVIRAVOLTAS - COUSAS DE MI


REVIRAVOLTAS


“Os camiños, as veces, dan reviravoltas. Noutras, sonche ven rectos, é pódese ver o que hai ao final”.

Quedábase cos primeiros, sen dúbida. A vida.

Así chegoulle.

A liña recta é perfecta, mais a perfección, non ten beleza.

Así o entendía.

Non é o que desexase, pero co paso do tempo, aprendeu a calar.

Así medrou.

As mais das veces a súa espontaneidade meteuna en apuros.

Expresar os pensamentos aos catro ventos, no é bo.

Así o pensaba.

As persoas non gustan de escoitar.

Así o percibía.

Acotío, desbarallaba.

Non hai tregua.

E estaba a aprender.

Xa, as súas verbas eran moito mais cativas, mais escasas.

Así, nesas, degradábase.

O Silencio estaba a chegar.

Viña camiñando, miudiño.

Tan calando.


Mi. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901