ÓLEME AO PORCO
CONTO
CONTO
Un día chegaron a unha casa pedindo pousada un cego e mais o rapaz que
traía de criado. A dona da casa levounos á cociña e, ensinándolles o
pote , díllolles:
-Velaí tedes o caldo, sacade unha cunca.
E foise o rapaz e viu que andaba no caldo un bo cacho de touciño e
quixo sacalo na súa cunca pero achegóuse o demo do cego e díxolle
estricando o fociño:
-¡Ui! ¡Óleme a porco, trae para acó, rapaz!
E tirándolle a garfela da man achegouse ao pote e veña a remexer e mais
remexer ata que atinou co touciño que andaba no caldo, deixando burlado
ao criadiño.
Ao outro día, de mañá, saíron da casa, e o rapaz, que non durmira de
noite cismado como vingarse seguía caviloso sen reparar no camiño.
Chegaron a outra casa que tiña diante da porta da eira unha boa barra e,
denantes de decir o "Ave María Purísima", puxo ao cego diante dun dos
chantos da barra e díxolle.
-¡Señor, brinque un pouquecho, que hai un regato!
E foise o cego, brincou e esnafrouse no chanto.
-¡E ti, condanado! -berrou o vello encarrazado-, ¿que fixeches, fillo dun can?
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901