CON QUE SE ENFRÍA O CALDO
CONTO
CONTO
Era unha viúva moi pobriña e tiña un fato de fillos pequechos. Un día, o
máis grandiño, que apenas xa era coma unha frangulla, foi e díxolle:
-Mi madre, eu xa logo son un home e podía botarme polo mundo. ¿Déixame ir servir?
-¡Ai, meu filliño! -díxolle ela-. Eu deixar, deixo, abofé, mais o
servir éche moi traballoso, meu filliño. Non coides que as casas de
servir son bens de herdar: vaite cando queiras, mais inda has botar de
menos a túa casiña, pois con toda pobreza vale moito máis a casa de cada
un que a casa máis rica cando é allea, mais que che pese, pois a túa
éche sempre boa, o que non che é a allea, onde ao criado novo danlle pan
e ovo, e ao criado vello danlle o pan do demo.
Foise o rapaz cavilando no que a súa nai lle dixera e, como era moi espelido, sempre que chegaba a unha casa preguntaba:
-E logo, ¿seica que queren un criado?
Se lle dicían que non, seguía camiño adiante e, cando unha vez lle dixeron que si, preguntou de contado
-¿E como enfrían o caldo nesta casa?
Mirouno con estrañeza a dona e respondeulle:
-¿E con que ha de enfriar? Con auga, neniño, con auga.
O rapaz daquela tocou a andar e outro día, ao preguntar noutra casa, respondéronlle:
-Soprando, meu neno, soprando.
Tampouco lle conviu e seguio para adiante e, ao cabo, aconteceu despois
de moito camiñar que chegou onde unha velliña e, aolle decir el:
-¿E como enfrían o caldo nesta casa?
Dixo ela:
-Con pan, meu filliño, con pan.
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901