sábado, 6 de octubre de 2012

O ROUBO DO CORTIZO

O ROUBO DO CORTIZO




  
     Nunha ocasión, xuntáronse o oso, o lobo e a raposa para iren roubar a un cortizo de abellas.

   Así que o levaron, miraron o mel que tiña e viron que non chagaba para os tres. Entón, acordaron que o debía comer o máis vello de todos, e foron daquela dicindo o tempo que tiñan.

   Dixo o lobo:

   - Eu nacín cando aquel penedo.

   - Eu xa era moza entón - dixo a raposa.

   O oso comprendeu que el non podía dicir que era máis vello cós penedos e entón dixo:

   - Eu nacín no ano de ourizo, polo tanto.....



   ¡ quieto o cortizo !


   E colleuno entre os brazos e marchou con el á sombra dun rebolo e alí papou o mel do cortizo e a nós non nolo deu porque non quixo.




XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901