domingo, 7 de octubre de 2012

O OSO E O RAPOSO - CONTO


 O OSO E O RAPOSO
CONTO



   

     Era un oso e mais un raposo, que andaban buscando comida, e o raposo díxolle ó oso:


    -Ai, Compadre, e que tal se ímos á granxa do tío Pepe e roubamos un porco. 





    Pareceulle boa idea, e así fixeron. Foron silandeiros ate o curral, alí o oso, matou dun golpe o porco máis grande que atoparon, e marcharon correndo monte arriba. 




    Cando xa non tiñan folgos, sentaron baixo un carballo, e o zorro, pillastre, díxolle ó oso;



    -¡Ai Compadre! non sei ti, pero eu non podo coa miña ialma, ¿que tal se durmimos un rato? Podemos enterra-lo porco, co rabo fóra para saber onde está. 



    O oso, que foi quen levou o porco durante todo o camiño, aceptou sen dubidalo.. pero ocorreu que mentres o oso durmia, o raposo ergueuse, desenterrou o porco, e papouno enteiriño, deixando somentes o rabo. ¡Si que era lampón o raposo!. E, ben caladiño, deixou o rabo do porco onde estivera co resto do corpo.. 



    Cando o oso espertou e foron busca-lo porco, atoparon o rabo, tal como o deixaran, e o raposo díxolle o oso que tirara el do rabo, pois era mais forte. 



    Asi fixo o oso. Colleu alento, e tirou do rabo con tal forza que, caeu de cú no chan, e fíxose moio dano, pero cando se ergueu todo encabuxado o darse conta da broma, o raposo comezou a botarlle a culpa ó oso, e así estiveron discutindo ate que dixo o raposo: 



    -Vamos deitarnos ao sol, e, ao que lle sude a barriga foi quen o coméu. 



     Deitáronse a dormire, e o oso durmiu, pero o raposo ergueuse e mexou por riba do compadre, e chamouno.




    -Ai compadre! ti fuches o que comeches o porco, porque che suda a barriga. 



    E así foi como o oso tivo que pedir disculpas e marchar para casa sen ter comido nadiña.... 






XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901