O CASTRO DE SANTA CRISTINA
LENDA
LENDA
Un veciño de Rendal díxonos: "Os meus tíos aínda estiveron cavando no
castro de santa Cristina, pois un home da vila falou xun mouro de
Xerusalén que lle dixo que os seus antergos eran do castro de Santa
Cristina, e que nel, ao saír o Sol, había que mirar onde marcaba cos
raios; alí había unha porta de bronce que tiña dentro unha chave de
ouro, pero había que andar con xeito pois se os raios de Sol daban nela,
queimaríase o que estivese diante".
Máis tarde Álvaro de Benito contou: "Eu e outros fomos cavar ao castro
de Santa Cristina guiados por un libro que tiña Xan do Cardón, que
morreu no Brasil, e que tiña notas de todos os castros dos arredores;
non atopamos o tesouro, pero si carbóns e lousas con ósos debaixo".
"Santa Cristina era moura, pero namorouse dun branco e traizoou os
mouros, e deuse unha batalla tan fera que ía a auga di río Mao rubia ata
Belesar. Por iso no río Mao non ten peixes, senón só troitas"
" O pai de Santa Cristina, que era mouro, cando viu que a súa filla se fixera cristiá, matouna a coitelazos"
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
O Incio - Lugo
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901