domingo, 7 de octubre de 2012

O BOBO E O XIGANTE - CONTO

O BOBO E O XIGANTE
CONTO




     
     Unha vez eran dous ermáus. Un era listo i o outro era bobo. Un día foi o listo pra o monte coas ovellas, e víu un xigante que collía unha pedra ao mesmo tempo que lle decía: 

      - Si ves aquí, fágoche así.- E desfixo a pedra por entre os dedos das maus. O listo túvolle medo e escapóu pra casa, deixando as ovellas solas no monte.


     E díxolle a mai: 

      -¿Que che pasóu? ¿Dónde deixaches as ovellas? 


     Il contóulle que as deixara no monte porque vira un xigante e collera moito medo. 


 Entonces dixo o bobo:


     - Aora vou eu. 


     E foi ao monte, e víu ao xigante que collía unha pedra e que a desfacía entre os dedos, e tamén escapou pra casa. I, ao chegar a ela, pedíulle a súa mai unha pouca de manteca fresca. Volvéu ao monte, e volvéu ver ao xigante, que lle dixo: 


     - Si ves aquí, fágoche así - ao mesmo tempo que desfacía a pedra entre as maus. Logo o bobo tamén lle dixo: 


     -Pois. si tu ves aquí, tamén che fago así. - E apretóu a manteca entre os dedos da mau, e desfíxoa. O xigante, que tal víu, díxolle si quería ir de criado seu, que lle había de pagar mil pesetas por día, pero que tiña que ganar en todo, se non, o mataba. 


     O bobo dixo que sí a todo. Logo o xigante díxolle:


     -Mañá temos que vir pegarlle un golpe a esta pena, a ver quén fai un burato máis fondo. 


     O bobo choraba, pero veu a casa de noite a traer as ovellas, e pedíulle a súa mai que lle dera un papel, un cincel i un martelo e foi xunto o penedo que dixera o xigante, e estuvo toda a noite facendo unburato, hasta que pudo meter a mau nel hasta o codo. E despóis, púxolle o papel por riba pra que non se conocera, e volvéu levar as ferramentas pra casa; e despóis marchóu dormir xunto o xigante, e entróu caladiño pra que non o sentise. 


     Ao chegar a mañá, fóronse os dous ao penedo pra ver cál facía un burato máis grande dun solo golpe. E dixo o xigante:


     - ¿Primeiro eu ou tu?


     Dixo o bobo: 


     - Eu.


     E deu co puño donde tiña o papel, e chegóu hasta o codo. Despóis déulle o xigante, e chegóu hasta a muñeca, e se rompéu os dedos, e díxolle: 


     - ¿Cómo fixeches tu?


     Contestóulle o bobo:


     - ¡Eu, dándolle! 


 Aquel día ganóu as mil pesetas, e foillas levar á súa mai. Ao outro día díxolle o xigante: 


     - Mañá vamos a ver quén tira máis pinos dun trompazo.


     Aquela noite, o bobo foi xunto a súa mai, e pedíulle un serrón, e foi e serróu sete pinos, e deixóunos presos pola casca, e volvéu a levar o serrón á casa, i el marchóu logo a dormir co xigante, que non se deu conta de nada.


     Á mañá, marcharon a tirar os pinos, e díxolle o xigante:
     -¿Eu ou tu? 


     Dixo o bobo: 


     -Eu. 


     Déulle a un e tiróu sete. E foi o xigante e tiróu tres, e díxolle. 


     - Tí eres o demo, que me ganas. Pois mañá vamos a ver quén come máis papas. 


     I, ao outro día, puñéronse a comer papas. O bobo coméu sete tazas i o xigante catorce, e díxolle o bobo: 


     -¿Habemos comer máis? 


     E díxolle o xigante: 


     -¿E logo? A mín aínda non me chegan a nada.


     - E, si non como máis, ¿mátasme, xigante?


     - ¡Non che queda máis que a morte, se non comes máis que mín! 


     Logo o bobo, sin que o soupera o xigante, foi á corte dos bois, matóu un touro e qutóulle o fol, e metéuno entre a camisa, e foise outra vez a comer papas. O xigante coméu dazaséis tazas, i o bobo trinta e dúas, e inda decía que comía máis; pero non era na barriga donde as metía, sinón no fol do boi. Dixo o xigante:


     - ¡Ganáchesme outras mil pesetas!; pero agora has de perder. Heite matar. VAmos a ver quén corre máis. 


     Ao outro día puñéronse a correr cinco voltas nun campo. O que antes as dera, ganaba. I o xigante corría máis. CAndo o bobo chegóu á beira do campo, o xigante xa tiña dado súas voltas. No campo andaba unha muller segando cebada con un couciño, i o bobo pedíullo, e, despóis que o tuvo, díxolle ao xigante: 


     Ahora vou abrir a barriga pra correr máis.


     En vez de abrir a barriga, abríu o fol que levaba escondido, e corría máis.
 

      Logo, o xigante tamén lle pedíu o fouciño á muller, e abríu a barriga e morréu. 

      E ganóu o bobo ao final 

 


XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901