Limita coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando era concello de seu.
     A parroquia está atravesada pola ruta portuguesa do camino de Santiago, que transcorre paralela ao río dos Gafos.
     A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo nome. O  luns de
  Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a  tradición,
  para afastar o meigallo cómpre dar sete voltas á capela  tirando sete 
 pedras no seu tellado. No templo hai unha imaxe da Virxe da  Peregrina.
     As festas parroquiais de San Pedro celébranse o 28 e 29 de xuño no lugar de Lusquiños.
     A parroquia é terra de canteiros,  sendo o de maior sona o mestre  
Daniel, o célebre canteiro de Tomeza,  autor entre outras pezas das  
escaleiras da Casa do Concello de  Pontevedra.
     O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Canteiro,   
homenaxeando cada ano o labor dun escultor da pedra. Entre outros, un   
dos homenaxeados foi Sebastián Casalderey,  autor da imaxe da Virxe da  
Peregrina do Albergue dos Peregrinos e das  figuras representadas na  
fonte da praza de Compostela, en Pontevedra.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA  VELLA
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901