martes, 9 de octubre de 2012

MUIÑOS DE REIBON - MEIRA - MOAÑA



MUIÑOS DE REIBON
MEIRA
 

MOAÑA 
PONTEVEDRA
 

     Dada a gran dependencia da agricultura da poboación do Morrazo, e aproveitando a gran cantidade de ríos e regatos que existen na comarca, atopamos en toda ela un dos elementos máis característicos da arquitectura do auga, O MUIÑO, empregado fundamentalmente para moer o millo, ainda que se empregaba tamén, en menor medida, para moer trigo e centeo. 



 







     Os muíños son construccións antigas de carácter laboral que sirven para producir fariña, son en xeral construccións de pequenas dimensións, de 6 ou 7 m. por 4,5 m. 



     Construídos a base de cachotería ou perpiaño de paredes dobres de ata 65 cm. e con cuberta de tella a unha auga. 



     O único oco que presenta é a porta de entrada, situada normalmente no lado curto, onde ademáis aparece o "pousadoiro" ou pouso que consiste nunha pedra fincada no muro, preto da porta, que sirve para apoiar os sacos. Nalgunhas ocasións aparece tamén un ventanuco pequeno que ilumina e ventila o "tremiñado". 

 
    
     Anque algúns muíños eran propiedade particular, co cal o dono (muiñeiro), cobráballe aos pobres unha parte do gran que moían (maquías), de aí o nome de muíños "de maquía", a meirande parte eran de “herdeiros” (comunais), isto é, muíños que foron feitos nun terreo á beira do río comprado por un grupo de vecinos, cada un dos cales tiña unha chave e dispoñía dunas horas diarias para moer. 


    Os muíños non só forman parte da paisaxe e da historia, senón tamén da cultura popular, recollida no folclore (cantigas, bailes.....) e na literatura (refráns, cantigas, lendas...). 

 
    
     O Morrazo conta cunha grande cantidade de muíños que forman unha ampla e rica mostra do Patrimonio Etnográfico da Comarca. A pesares de que a meirande parte deles están en mal estado de conservación motivado polo cambio de actividade e costumes dos habitantes do Morrazo, algúns seguen a funcionar e a maior parte deles poderíanse recuperar cunha mínima inversión.

 
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901