martes, 9 de octubre de 2012

MUIÑO DO RAÑEGO - VILALBA


MUIÑO DO RAÑEGO 
VILALBA 
LUGO


       Para contemplar unha paisaxe de ribeira, pode o sendeirista percorrer unha ruta próxima á vila e caracterizada por este tipo de natureza. 

     A ruta comeza no Muíño do Rañego, situado a uns 500 m da vila, saíndo pola estrada que une Vilalba con Baamonde (antiga estrada da Coruña). 

     Subimos río arriba e atoparémonos no camiño con presas e con muíños, tal como o dos Pasos, e por último o gran muíño do Madalena, emprazado preto da estrada que vai de Vilalba a Momán.

 
     A proliferación de muíños nesta zona débese á antiga tradición cerealística da comarca (nun treito aproximado de 5 Km contabilízanse sete muíños).

     Nesta zona podemos gozar tamén dunha illa entre o río Madalena e a presa do muíño, na cal atopamos diversas especies de árbores forestais e ornamentais que fan deste lugar un punto agradable para relaxarse dando un paseo.  

     De seguido, pásase á zona da praia fluvial coa súa importante oferta de actividades lúdicas (baños no río ou na piscina, práctica de diversos deportes, contemplación da natureza e zona de merendas.

 
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901