martes, 2 de octubre de 2012

LUCÍA FIDALGO - PROCESADA POLA INQUISICIÓN



LUCÍA FIDALGO

PROCESADA NA INQUISICIÓN




     
     Lucía e a súa nai eran naturais da freguesía de San Martiño Danllo, na diocese de Lugo. Non posuían bens, carecían de oficio e de calquera tipo de instrución e sobrevivían como podían, sobre todo exercendo a prostitución. Ao morrerlle a nai a rapaza, a máis de como prostituta, vivía pedindo polas casas. Sería precisamente unha persoa que lle deu esmola quen a denunciaría por feiticeira, porque unha porca que tiña parida deixou de darlle de mamar aos leitóns.



     Perante o xuíz segrar, Lucía Fidalgo, asustada, contou toda a súa vida e como a súa nai a vendera de pequena ao demo. Ameazada coa fogueira, confesou que lle botara o mal de ollo aos leitóns e ofrecíase a desfacer o meigallo se a deixaban libre. Quedou en liberdade pero en 1646, durante a visita a Lugo do inquisidor Ozores de Sotomayor, foi denunciada de novo. Tiña 26 anos e o seu grao de pobreza era tal que o tribunal de Santiago decidiu non abrir información sobre a denunciada. O mesmo aconteceu ao ano seguinte, durante a visita do inquisidor Juan Rojo, sen que o tribunal de Santiago vise ningunha razón para procesar a esta pobre prostituta.     Por fin, cando Lucía tiña trinta anos, prosperou unha denuncia contra ela e o seu nome rexistrouse o día 1 de maio de 1650 no libro de entradas dos cárceres secretos do Santo Oficio en Santiago. Sometida a tormento, foi tal a cantidade de desatinos que chegou a confesar que mesmo os propios xuíces inquisidores suspendieron la monición, creyendo que estaba sin juicio… porque no decía cosa con cosa”.




     Con todo, o día 14 de novembro de 1650 pronunciose a sentenza contra ela que se executaría o domingo 9 de decembro na misa maior da catedral de Santiago. Foi condenada a douscentos azoutes que recibiría nas rúas da cidade de Santiago e na freguesía de San Martiño Danllo, e ao desterro destes lugares e de Madrid durante seis anos.




SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

AUTOR/A: ANXOS SUMAI
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901