Conta
a lenda, que hai moito tempo, existía un nobre quen vivía nestas terras
britonienses. O seu nome era Froilán, e era moi querido e apreciado
polos seus vasallos, pola súa sabedoría e pola súa xustiza.
Froilán gustaba moito da caza, pasear no seu cabalo nas súas terras, e falar moito coa súa xente, mentres facía eses percorridos.
Nun deses tantos días, nos que estaba a facer o seu paseo diario, viu dende un acantilado unha muller deitada na praia. Preso dunha grande curiosidade, achegouse a modiño ata ela. Quedou moi abraiado e perplexo, ó darse conta de ca muller durmida sobre na area tiña corpo de peixe. Era unha serea.
Cando ela espertou e viu que Froilán estaba mirándoa, quixo escaparse, mais foi imposible. El montouna ó seu cabalo e levouna ó castelo. Cando tódolos seus servos a viron quedaron admirados pola extraordinaria fermosura da muller-peixe. Chamárona Mariña, por proceder do mar.

Froilán
e Mariña namoráronse rapidamente. Eles pasaban todo o día xuntos,
montando á cabalo e percorrendo tódalas terras do nobre.
A pesar de que Froilán, intentou que ela aprendese a falar, Mariña, quizais pola súa condición de serea, non podía pronunciar palabra ningunha. Cando o intentaba, só podía emitir uns ruídos moi difíciles de comprender.
Tal era o cariño dos namorados, que decidiron casar e ó pouco tempo, coma resultado dese amor , tiveron o seu primeiro fillo.
O tempo pasaba e Mariña, seguía sen poder falar. Isto provocáballe unha gran mágoa e dor... Sentíase moi triste por non poder expresa-lo seu profundo amor e felicidade a Froilán e ó seu filliño.
Na máxica noite de San Xoán, e estando nunha marabillosa festa, ó son das cancións, comendo, e bailando en fronte das fogueiras, Froilán, quen sabía o profundo medo que Mariña sentía cara ás faíscas, arrebatoulle o seu pequeno fillo dos seus brazos e saíu correndo co neno cara á fogueira, dando a impresión de que ámbolos dous, quizais por mor dun meigallo o feitizo, entrarían nas chamas...

Mariña, presa dun horror enorme, e por medo a perder ós dous seres que máis amaba no mundo, berrou desesperadamente:
- "Froilán!!.. Fillo!!.."
Dese xeito, e gracias ó susto, Mariña puido pronuncia-las primeiras palabras da súa vida... e pouco a pouco aprendeu a falar... Houbo unha grande celebración e festa no castelo, e a maior ledicia e felicidade na vida do nobre Froilán, que viviu feliz con Mariña polo resto da súa vida...
Anos despois, dous dos descendentes desta parella, Froilán e Mariña, acadaron gran fama e sona no Reino de Galicia.. Eran Os Mariños, que dedicados á poesía e á música , foron os compositores dunha das máis fermosas composicións líricas dos cancioneiros galegos medievais.
Este nobre liñaxe do reino, tiña o seu escudo de prata, cunha representación dunha serea e tres ondas azuis.
Tamén varios integrantes desta familia, participarían nas guerras contra os árabes, asentáronse nos novos territorios do sur e contribuíron á riqueza do que sería o futuro Reino de Portugal.

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901