miércoles, 10 de octubre de 2012

IGREXA DE SAN SALVADOR - BRIÓN


IGREXA DE SAN SALVADOR 
BRIÓN


      Brión é terra de percorre-la de vagar, mellor a pé ou de a cabalo aproveitando calquera das instalacións hípicas existentes. 

     Xa aconsella o vello refrán: "A Amaia, pasala con día", para disfrutala, para descubrir a cada canto as variedades da súa paisaxe ("A Amaía é Galicia enteira en grandiosa síntese"). 

   Asomarse ás atalaias do seu ondulante relevo: admira-lo val desde as Torres de Altamira ou dese o adro de Bastavales. 

     Perderse na enramada ó longo de calquera dos seus infinitos fíos de auga: Brión é unha "mesopotamia" entre o Sar e o Tambre, cun tecido húmido de pequenos afluentes troiteiros, de augas transparentes, e reqgueiriños.


AS IGREXAS E CRUCEIROS
      En Brión pódese facer un fermoso percorrido polas igrexas das diferentes parroquias, principais obras arquitectónicas e artísticas do concello. 


     Ademais da capela de Santa Minia e a igrexa de Bastavales coa capela do Carme, pódese visita-las igrexas parroquiais, a maioría delas de estilo barroco, de San Salvador, Os Ánxeles, Boullón, Luaña, Cornanda, Viceso, Ons e Brión. Estas, ademais do edificio, adoitan acoller pezas ás veces moi valiosas coma os retábulos, imaxes, ourivería, etc.


     No percorrido polas diferentes parroquias tamén se pode atopar outro elemento moi importante do noso patrimonio, os cruceiros, entre os que compre destacar o de Bemil, Boullón, Vioxo de Abaixo, Goriña e Mourentáns.




MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901