viernes, 12 de octubre de 2012

IGREXA DE BAÍÑA - BAIONA


IGREXA DE BAÍÑA

BAIONA




     Coñecida na Idade Media co nome de Vayna, pertencía ós dominios do mosteiro de Oia ata que en 1482 Diego de Muros, bispo de Tui, a anexionou a Baiona. 

     
     O topónimo co que era coñecida en época medieval parece que procede –aínda que é, co de Baiona, o que máis problemas presenta para saber da súa orixe– da acepción galega coa que se designa igualmente a funda dun coitelo e da parte que envolve as sementes das leguminosas.  

    
   A súa superficie esténdese desde a península de Santa Marta ata o parque forestal de Chan da Lagoa. 

     
     En Santa Marta estableceuse o pirata Drake cando tentou conquistar Baiona; antes de abandonar o seu propósito o bandido profanou e queimou a súa ermida, reconstruída logo polos veciños. 


     
     Non é a ermida o seu único herdo artístico posto que en Santa Marta existe tamén unha zona de petroglifos e, a cinco minutos de Chan da Lagoa, quedan restos de muros e pontes do poboado medieval de San Cosme, que se tenta reconstruír. 

     
     É esta parroquia rica en recursos forestais e naturais e polas abas da Lagoa é frecuente observar pacendo greas de cabalos salvaxes.



     Núcleos de poboación: Almirante Fontán, O Burgo, Cruceiro, Eidos, Fontes, Igrexa, Laxes, Río, San Cosme e Santa Marta. 
 
     Patrón: Santa Mariña e Santa Marta.




MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube



XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901