CAPELA DE SANTIAGUIÑO
MOS
PONTEVEDRA
MOS
PONTEVEDRA
En Mos atópanse abundantes restos arqueolóxicos que son testemuña
dunha intensa ocupación do territorio dende a Antigüidade, como o castro de Torroso.
Aínda así, desde a existencia de poboados prehistóricos documentados
pola presenza do Campo de Mámoas e a Pedra Cabaleira (dolmen con restos
de corredor incipiente) non hai mais datos ata a romanización. Nesa
época transcorría por Mos a vía romana XIX, que unía Braga con Lugo e Astorga.
As dez parroquias da parte máis alta do val da Louriña estaban
divididas, durante o Antigo Réxime, en tres xurisdicións distintas. O
Conde de Salvaterra administraba as parroquias de Cela, Dornelas,
Petelos e Sanguiñeda, mentres que Louredo, Guizán, Pereiras e Tameiga
dependían do Conde de Maceda, que era o propietario do Pazo de Santo
Antoíño. Pero a casa máis influínte nestas terras era a do Marqués de
Mos, que tiña baixo a súa xurisdición as parroquias de Mos e Torroso.
Entre 1685 e 1686 Gabriel de Quirós recibe o título de Marqués de Mos de mans de Carlos II;
Desde 1776 ten grandeza de España, mercé outorgada a Benito Correa e
Sarmiento, cuarto marqués de Mos. A partir dese momento e ata
principios do século XIX a parroquia de Mos comezou a utilizar o título
de vila. A mediados do século XIII era coñecida como o nome de Molis.
En 1810 únese o marquesado de Mos ao de Valadares, ao morrer este sen
descendencia, e en 1908, ao falecer o marqués da Veiga de Armijo e de
Mos, pasa a propiedade a unha sobriña, María Vinials, marquesa de
Ayerbe.
Coa creación dos primeiros concellos constitucionais en España, no ano
1833, xorde tamén o de Mos, formado desde o primeiro momento polas dez
parroquias que ten na actualidade. O cambio máis importante produciuse
en 1935, co polémico traslado da capital de Mos a Petelos.
O
pazo de Mos, recentemente restaurado, deu nome ao municipio e baseouse
no seu escudo o actual brasón da vila. Data do século XVI. Na
parroquia de Louredo está situada o pazo de Santo Antoíño, con orixe no
século XIV pero reconstruido no XVIII (cunha capela do XVI)
Conta
ademais con moitas igrexas repartidas polas súas parroquias, entre
elas a igrexa de Louredo, que conserva o seu tímpano románico, aínda
que reformada no século XVIII. A igrexa de Guizán tamén conserva a
portada románica e a igrexa de Sanguiñeda, que data do ano 1685, conta
con esculturas que se cre que proceden dun templo románico anterior.
O municipio estaba atravesado na época romana pola vía Braga-Santiago, da que hoxe aínda se conserva un miliario romano.
Ademais, o concello ven restaurando, dende a anterior lexislatura, os abundantes muíños abandonados dende fai décadas.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901