sábado, 6 de octubre de 2012

FASGANA, MIL ASA - CONTO DE MI


Fasgana, Mil Asa







     A fada Fasgana era moi presumida. Acotío se peiteaba de diferentes maneiras e mudaba as folliñas das súas roupas con frecuencia.


     Quería ser artista pero, como aínda era cativa, moito  quedáballe por aprender.

     O seu espello era  unha pociña que facía o rio, nun recuncho feiticeiro. 

     Ensaiaba  xestos, practicaba poses, e de cando en vez esvaraba e daba co cuiñou no chan.

     Era moi alegre e divertida.

     
     Os dias de escola  lle gustaba chegar cedo, pois dese xeito,  tiña para ela soa o dicionario da Fada Mestra. 

     Buscaba as palabras, e trataba da aprendelas.

     Ao saír da escola bulía polo bosque tras as bolboretas. Miraba de preto a flores, ao tempo que, dando chimpos, semellaba aos coelliños.

     Nesas estaba cando sentiu ruídos estraños.

     Uns homes e mais unas mulleres estaban a falar de algo como “atrapar instantes”, levaban cousas raras nas mans.


     ¿Instantes?

     Correu, voou a escola. Abriu o “libro gordo que todo o sabe”,  pola letra I.

     Co seu dediño buscou, buscou e atopou… instante, “porción moi breve de tempo”.

     A seguinte palabra, nas definicións, era, instantánea.

     Entre outras cousas significaba foto, ¡FOTO!


     O seu corazón case deixoulle de bater. ¡Buscaban artistas, como ela!

     Non sabía como podería facer, quería chamar a súa atención.

     Tusía, cantaba, gritaba, facíalles cóxegas coas súas ás, pero ninguén percibíase.

     Sómente un milagre podía axudala. E pasou.

     Alguén do grupo tiña un trabelo que aumentaba moito todo o que vía, e veuna.

     Quedaron sorprendidos ambolosdous.  Tomouna na palma da man e presentouna a o resto do grupo. 

     Ela, moi leda, contoulles o seu sono. Sorprendeuse ao saber que eles amaban a beleza, a natureza e querían atrapala en “instantáneas”.

     Fasgana pasou a formar parte do grupo, un segredo que hoxe  comparten todos.

     Ela é a musa, eles os artistas, con moi alta sensibilidade,mil asa.


Mi.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901