miércoles, 10 de octubre de 2012

CAPELA DE SAN MARTIÑO - TEO

CAPELA DE SAN MARTIÑO 
TEO



     Teo ofrécelle ao/á visitante un sen fin de posibilidades para o lecer. Actividades recreativas tales coma camiñada, caza, pesca...
    
     Percorrendo o Concello de Teo, son de visita obrigada os adros parroquiais, cada un con séculos de permanencia e a súa historia particular:

     
     San Simón de Ons, de Cacheiras, co seu via crucis do século XVIII.

 
 
     San Xoán de Calo, pertencente ó barroco, e do cal o escudo nobiliario pertence ós Condes de Altamira, señores de A Mahía.


    San Xoán de Recesende: no seu camposanto levábase a cabo unha vella tradición, consistente en que tres mulleres, chamadas as tres Marías, facían dar voltas sobre a lápida dunha tumba ós nenos apoucados, para sacarlles o asombramento.


  
     A igrexa de Luou, do século XIX. Esta igrexa foi trasladada a outro emprazamento xunto coa Fonte de Santa Margarida ou Santa Rita, que se conserva en óptimas condicións, e as súas augas son consideradas milagreiras ou curativas, xa que, co seu contacto, desaparecen as verrugas e outras afeccións da pel.


    O adro de Santo Tomé de Vilariño, cunha necrópole da Idade Media.



     Cara o sur atoparemos varios mosteiros medievais: San Miguel de Rarís, Reis, Teo, Bamonde, e o adro de San Cristobo de Reis, do románico medieval.



     Existen numerosos cruceiros diseminados por todo o Concello de Teo, entre os cales cabe salientar o do adro de Teo, do século XVI, e sobre todo, o de Francos, do século XVI. Esta cruz debuxouna Castelao con gran precisión, preguntándose se os cruceiros non virían a Galicia a través do Camiño de Santiago, como antes viñeran as cruces dos peregrinos.


     Dentro desta mesma arte sacra, outra curiosidade constitúena os petos de ánimas, pequenos altares ó aire libre, diseminados por todo o concello, nos que se rende culto ós defuntos.



     En Bamonde, a casa reitoral ocupa un lugar destacadísimo na historia de Teo e de Galicia mesma. 



     Alí durmiu, a noite do 22 de Abril de 1846, o Xeneral La Concha, antes de iniciar, ó día seguinte, a batalla de Cacheiras.






MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901