CAPILA DE SAN ANTÓN
PALAS DE REI
COMARCA DE ULLOA
LUGO
PALAS DE REI
COMARCA DE ULLOA
LUGO
Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca
da Ulloa. Segundo o IGE en 2009 tiña 3.678 habitantes. O seu xentilicio
(véxase no Galizionario) é «palense».
Toponimia
O lugar aparece mencionado nun documento de 1153 como pallatium Regis. Con todo, podería non derivar de pazo senón do topónimo Palas, referido a covas de lugares calizos.
Historia
No concello consérvanse restos prehistóricos, como mámoas, dolmens e castros. Trala romanización, o lugar estaba atravesado por unha vía romana cara a Lugo. No século VI pertencía ao condado de Ulliensis.
Na Idade Media o camiño de Santiago trouxo, amais do estilo románico, a prosperidade á vila, que aparece citada no Códice Calixtino.
Na parroquia de Vilar de Donas está a Igrexa románica de Vilar de Donas, de orixe monástica.
A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo.
En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII.
Na segunda guerra carlista Palas de Rei foi un dos poucos concellos nos que triunfou a sublevación en 1846, constituíndose una Xunta Revolucionaria.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901