A MULLER QUE ANDABA O REVÉS
CONTO
CONTO
Era unha muller que andaba o revés, quérese dicir, que non sabía atricar con todos, e mais aínda so seu home que era un Xanciño que sempre había facer o que ela quixera pois era a que mandaba na casa.
Un ano, polo verán, chegou unha romaría e o home quixo ir ver, e como
el tamén tiña a súa aquela, ordenou unha astucia e, cando estaba no
traballo, púxosee a falar coa muller e díxolle:
-¡Ti non quererás ir á romaría! Porque eu tampouco vou.
-¡Que non quererei....!¡Que non quererei....! Pois si que quero ir. ¿E
que ti non vas? vaia se vas, tes que ir e senón xa o veremos, cando eu
fale.
E, ao chegar o día, o home, que ben sabía o que facía, xa de maña cedo,
dedicouse a manter os cabalos e, cando foron horas díxolle á muller:
-Vou levar os cabalos o monte.
-¡Ai! -fixo ela-. ¡Non levas, non, que vas vir conmigo á romaría!
-Pero a muller, ¿como queres que eu vaia con tanto labor como hai?
-Pois has ir, máis que che pese. Mantén logo os cabalos.
O home fixo como que mantiña os cabalos e logo engadiu:
-Para ti aparelleiche o cabalo branco, pois o roán levareino eu, que é moi bravo.
-Non, o roán levareino eu, máis que sexa bravo, e ti levaras o branco.
-¡Mira que é moi bravo e vaite tirar!
-Mais que me tire, levareino eu.
E marcharon cada un montado no seu cabalo e, cando chegaron ao pasal do
río grande que levaba algo de chea, o cabalo da muller quíxose espantar
e tirou con ela a auga, abraiada ao se ver guindada nas augas, non se
puido poñer de pé e levouna a corrente. O home, daquela, ao vela
desaparecer marchou río arriba pola riveira e atopou cun veciño que lel
preguntou:
-E logo, hom. ¿que é o que che trae por aqui?
-Caeume a muller no río, no pasal.
-¿E como non a vas procurar río abaixo, hom?
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901