viernes, 12 de octubre de 2012

ROMEU - ROMERO


ROMEU
ROMERO 
Rosmarinus Officinalis

      
     Trátase dun arbusto bastante coñecido e abondoso que cheira moito, e sempre está  verde. Pode chegar ata 2 metros.
     Leva, como se ve,  moitas follas estreitas verde oscuras, algo duras e reviradas polas beiras. As follas miden de 2 a 3 cms. O romeu utilízase moito en Galicia para os croques e o reuma.  Incluso se utiliza na cociña.  É unha das sete plantas básicas para facer a mestura para elimina-los malos espíritus a noite de San Xoan.
     Trátase dun arbusto bastante coñecido e abondoso que cheira moito. Sempre verde.
     Para mín cheira ben, para outra xente é un pouco cargante o seu cheiro. Pode chegar ata 2 metros.




     Leva como se ve moitas follas estreitas, verde oscuras, algo duras e reviradas polas beiras. De 2 a 3 cms.
     O romeu utilízase moito en Galicia para os croques e o reuma. Incluso se utiliza na cociña.
     En galego chámase romeu. En castelán romero.
     É unha das sete plantas básicas para facer a mestura para elimina-los malos espíritus a noite de San Xoan.
     As flores van en ramiños antre as follas.
     Son bilabiadas, con dous estames e corola lila.
     O cálice leva tamén dous labios, o de enriba soio, e o de abaixo dividido en dúas puntas.
     Frolece de primeiros da primavera deica os primeiros do outono.
     Cocidas con viño emprégase contra o reuma e os croques.
     Tamén se utiliza nos estados de agotamento, unha cucharilliña  de herba nun 1/4 de litro de auga fría, logo quentada ata que ferva. 1 taza pola mañan e outra o mediodía.
     Tamén se utiliza como especie tanto para carne como para os peixes.
     Ten sustancias activas: aceite esencial, resinas, taninos, principios amargos, ácido de romero.
     Como medicinal é unha herba moi apreciada en Galicia.

 

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901