PETROGLIFOS
OUTEIRO DOS LAMEIROS
SANTA CRISTINA DA RAMALLOSA
OUTEIRO DOS LAMEIROS
SANTA CRISTINA DA RAMALLOSA
BAIONA
Esta estación de arte rupestre foi descuberta en febreiro de 1984 aumentando así exponencialmente o número de superficies gravadas coñecidas no concello de Baiona.
O conxunto de máis de 20 superficies comprende arte abstracta (circos concéntricos, coviñas, reticulados...) e arte naturalista en tres rochas con zoomorfos esquemáticos ademais de alfabetiformes.
Unha parede vertical do propio Outeiro dos Lameiros con 10x3m contén o mellor conxunto de arte esquemática do noroeste peninsular cuns 60 cuadrúpedes, un estreliforme e figuras abstractas.
Estamos na maior concentración de figuras reticuladas do noso país.
No lugar consérvanse os camiños tradicionais, empedrados nalgúns casos, que comunican Baíña, San Cosme, Sabarís e Belesar dos que quedan fondas pegadas nas rodeiras que incluso pasan por riba de varios petroglifos.
O Outeiro dos Lameiros e Os Campos están emprazados a carón da Tomada dos Ineses, propiedade de 2Ha.
Atopámonos dediante dun espazo fortemente culturizado onde coinciden:
• a arte rupestre de varias épocas e tipoloxías
• a Tomada dos Ineses relacionada co episodio da Volta dos Novecruce de camiños tradicionais monte aproveitado como pasto, canteira, provedor de estrume e como recurso forestal variedade de topónimos que evidencian o uso continuado deste lugar a 180 metros sobre o nivel do mar: O Outeiro dos Lameiros, A Costa de San Lourenzo, As Tomadas dos Lameiros, Os Lameiros, Os Campos, A Regueira de Retruca, O Outeiro do Ceboleiro, A Tomada dos Ineses / A Devesa do Rei / A Fonte Armada / A Bouza da Serra.

MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901