sábado, 13 de octubre de 2012

PETROGLIFO PEDRA DA AUGA - TEIS

PETROGLIFO PEDRA DA AUGA 
TEIS
VIGO
 

Situación
     O Camiño de Gondosende parte da rúa Doutor Corbal, á altura do comezo da baixada cara á praia da Punta. 


     Este antigo camiño está asfaltado na actualidade e pódese chegar en coche xusto ata o lugar onde se atopan os petróglifos.


     Os gravados están nunha laxe que hai no medio do camiño. Este vieiro toma neste punto dirección cara ao monte da Guía.

Descrición
     A laxe na que se atopan mide 14 m de longo e 8 m de largo.


     En primeiro lugar atopamos tres figuras de círculos concéntricos.


     A primeira figura está composta por tres círculos concéntricos con coviña central e suco de saída.


     Na segunda figura percíbense máis claramente dous círculos concéntricos con coviña central. 


     Parece que poida haber máis círculos concéntricos cara ao exterior, mais o desgaste é demasiado acentuado.


     Uns metros cara ao norte atopamos outra figura circular formada ao redor dunha protuberancia da propia rocha. 


     O centro circular está situado no cumio da protuberancia, e ao seu redor desenvólvense varios círculos concétricos, dos que só dous se perciben con maior claridade.  

Estado de conservación
     O estado de conservación do conxunto é deplorábel. Ao quedaren baixo o paso da xente, a súa desaparición é inevitábel se non se adoptan medidas preventivas.


      Os sucos apenas se notan xa; sobre todo nos que se atopan na zona máis plana. 


     Hai trazos recollidos en láminas por investigadores que hoxe en día xa é moi difícil poder atopar.


     A este ritmo de desaparición, en pouco tempo o único vestixio que teremos da súa existencia serán os debuxos e fotografías que se tomaron ata o presente.

 MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901