domingo, 7 de octubre de 2012

OS OVOS DA SEÑORA FLORINDA


OS OVOS
DA
SEÑORA FLORINDA

CONTO


    

     Esta historia está basada nun feito real ocurrido no Carballiño o día 15 de febreiro do ano 2003. Ainda que as feiras no Carballiño son os días 16 e 31, cando eses días cadran en domingo adiántase, e por eso houbo feira o sábado día 15 de febreiro de 2003.

       
  Corría o ano 2003. Era sábado, e as nove da maña sonóu o timbre do telefonillo. “¿Quén chamará a estas horas?”. 


-¿siiii?. 
 
-¿Pódeme abrir a porta?
 
-¿A qué piso vai?
 
-Veñolle traer os ovos a veciña do primeiro “A”, a esa señora que ten dous nenos.
 
-Empuxe a porta, que lle abro.
        
 Sube unha velliña, con unha cesta de ovos na man. Timbra na porta de primeiro A, pero non lle contesta naide. 

-Seguramente que non lle están.

 
-Pois é raro.
 
-¿Qué lles quería?
 
-Véñolle traer os ovos ....
 
-¿?....
 
-Mire, cóntolle: Eu chámome Florinda. Vivo en San Martín de Lamas, en Cea. Teño vintecinco pitas, que cada día me pon unhos quince ovos. Eu vounos xuntanto e tódolos días de feira veño ó Carballiño a vendelos.
 
-¿E a cómo os vende?
 
-Mire, vender véndoios a 3 euros. Pero para as que me son clientas deixollos a 2 e medio. Esta señora hai pouco tempo que mos compra. Foi a Pura, a muller do Avelino, a que me dixo dela. A Pura xa leva mais de dez anos comprándomos. Tódalas feiras me compra unha docena. E á Benilde, a do Paco, lévolle tres docenas de cada vez. E teño outras clientas mais.... Esta señora de aquí normalmente quere unha docena, pero para hoxe encargoume duas. Por eso me estraña que non esté na casa. ...
 
-Sairían ...
 
-A estas horas .... ¿para ónde iban ir?..
 
-Non lle sei. .... Pero mire, se quere déixeme a min os ovos, que llos pago eu, e logo cando veña a Señora xa llos dou. 
 
-Como usted vexa. 

         Dóulle os cinco euros e dame os ovos.

-Mire ... ¿os ovos son frescos? 
 
-Son. Os mais vellos non pasan de quince días. Como veño todas as feiras e aquí no Carballiño hai feira tódolos días 16 e 31 de cada mes, non pode haber ovos que teñan mais de quince días. Estes da señora foron postos onte.
 
-¿E non ten mais para vender?
 
-Mire, ¿ustede quéreos?
 
-Se os tén, sí.
 
-Pois pódolle vender unha docena. Porque á Carlota tróuxenlle tres docenas, coma sempre, e díxo que hoxe con duas se arreglaba. Así que, se quere, pódolle vender unha docena. Os ovos sonlle bos. ¿Voullos buscar?
 
-Pois vaia.

         O cabo de media hora volveu a señora Florinda, con unha ducia de ovos. Ainda que non lle era clienta, cobroumos a 2,50. E quedamos en que tódolos días de feira me trouxese unha ducia. ... Pola noite probei o primeiro ovo. Frito. ¡Qué delicia!. Estaba riquísimo. A verdade é que Galicia aínda é medieval en moitas cousas ... ¡Gracias a Deus!!!!.

 




XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901