sábado, 6 de octubre de 2012

O LOBO, O RAPOSO E O HOME


O LOBO, O RAPOSO E O HOME
CONTO 






 Xuntáronse unha vez un lobo e un raposo e puxéronse a falar dos inimigos que cada un tiña. E o raposo dixo que o máis malo de todos era o home. 
 
      ¿O home?- dixo o lobo que nunca o vira-. ¿E como é ese home?   

  O raposo díxolle como era e non lle pareceu ao lobo tan terrible, polas señas que lle daba, pero entráronlle ganas de coñecelo e preguntoulle ao raposo se llo podía ensinar. 
 
      -Si- contestou o raposo-. Vamos ata aquela aldea e alí ensinareiche eu un.

 


 Saíron de cara á aldea e polo camiño encontraron un vello arrimado nun caxato. Nada máis velo, o lobo preguntou: 
 
       ¿Aquel é o home?
 
       Non – respondeu o raposo-. Aquel xa foi

  Seguiron andando e encontraron un pequeno. O lobo volveu preguntar: 
 
         ¿Aquel é o home?
 
          Non – respondeu o raposo-. Aquel aínda ha ser.
 


 E seguiron andando e encontraron un cazador. Entón dixo o raposo: 

           Ai, compadre, alí vén un home
 
   E dixo o lobo:
 
           Pois eu quería dar unha loita con el.
 
  Foron indo cara o sitio de onde o cazador viña e o cazador ao chegar perto deles, disparou un tiro e bateulle ao lobo nun oído e dixo este: 
 
          ¡Caramba para o home! ¡ Tiroume un aturuxo que por pouco me atonta!.  

  Pero así a todo quería dar unha loita e o raposo foino levando xunto dun ferreiro que estaba traballando na forxa, e díxolle o raposo ao ferreiro: 
 
            Meu compadre vén buscando con quen loitar.
 
  E o ferreiro díxolle: 
 
            Estou caldeando aquí un ferro.
 
  E púxose a roxar unhas tenaces e, dende que as tivo ben roxas, dixo: 
 
            ¡Vamos xa!
 
  E botoulle as tenaces ao fociño. Entón o lobo xa non quixo loitar máis e despois dicíalle ao raposo: 
 
          - ¡Caraina co home! ¡Parece que ten a arte do demo! Agarroume con dous dedos e levoume a metade do     fociño. Se me bota a man toda, ¡levaríame a cabeza!.


 
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901