lunes, 8 de octubre de 2012

O ENCANTO DE CASTRO MAIOR

O ENCANTO DE CASTRO MAIOR
LENDA



     
     No Castro Maior hai unha cova que está chea de auga que sae por unha mina debaixo da terra e fai logo un regacho, e cóntase desa cova que garda un "encanto" con tesouros.
 
      Unha vez, houbo un home arriscado que matinou entrar na cova para lle roubar os tesouros e, de cavila-lo, meteuse para dentro. Pouco andara e viu no escuro dous castróns grandísimos a se empastaren.
 
— ¡Corcio!, se non vos chego ver ¡íache apañar boa! —e como era home de moito callo, agardou plantado e cando os castrón cearon para se empastaren de novo, vai el e, dun pulo, pasouse para a outra banda.
 
      — ¡Oeeef! —alentou, e botouse andar de novo. Era cada vez máis escuro, coidaba pasado o perigo, mais empoiso, como percatado que era, puña moitos moito tino e andaba a modo. 


     Daquela oíu máis adiante bater dúas cousas con estrondo e, a forza de pescudar, reparou con pasmo como, pendrado de un fío, un pé de muíño de moitas arroas subía e baixaba ó se envolver a liña nun carrete ou largar desenvolta.
 
      O pasmo do destemido durou pouco e, cando o pé de muíño subiu, foise e fixo como antes fixera, deu un brinco e caiu do outro lado.
 
      — ¿Aínda quedarán novos traballos? —resmugou, e foi aínda con máis modo.


      De socato, viu unha luz na parede, quíxolle botar man e pillou o ar: a luz non estaba alí. 

     O andamio tiña unha volta que acababa de pasar e seguí moito máis. El quixo comprender de contado, era no cabo onde estaba a luz e seguiu o camiñar ata chegar a unha grande cámara. Alí víase coma fóra cando loce o sol e reparou nun velliño caviloso sentado nunha mesa de por fronte de tres montillóns lucentes que era o que alumeaba o lugar. 

     Tóda-las moreas eran dungrandor; a máis lucente era de onzas de ouro de moito brillar; a que tiña de par era de pesos de prata, xa non daba tanta luz; e a outra non eran máis que cartos e ichavos, ruín cousa e, de ser soa pouco luciría no escuro.
 
      De principio, o home quedou sorprendido:
 
      — Se levara todo —cavilou— ¡ninguén tería máis catos do ca min!
 
      E, coa mesma, saudou ó vello: había de se poñer a ben se el era o dono, máis o vello non lle dixo cousa. 


     Daquela non volveu dar gala e brincou na morea das onzas de ouro; encheu os petos, encheu o chapeu acugulado, amarrou as mangas da chaqueta e tamén encheu nelas como saquetes. 

     Despois meteu onzas na faixa, meteu tamén cantas puido po-la camisa e na morea nin se notaba, aquel era moito ben de Deus. E tocou a andar para voltar axiña por máis.
 
      Aínda non virara do todo para sair cando morreu a luz e a máis moura escuridade encheu o espacio. 


     ¿Como saír daquela a pasar onda o pé de muíño sen que o esmagase? ¿Ou entre os carneiros sen que ó se empastaren o pillaran no medio?
 
      O home cavilou e dixo:
 
      — ¿Será por mor do ouro? Deixarémo-lo quedar, xa outro día virei, leveos a prata.
 
      E volveu as onzas á morea. De camiño que ía botando as presas nela, a luz que era como a do día, alumeaba de novo como un alborexar ¡e outra vez a lucir tanta riqueza!
 
      Cargouse logo de pesos de prata, como antes fixera coas onzas de ouro, mais, cando xa se dispoñía saír, volveu tamén como antes a se facer noite pecha. Deixou os pesos con fonda dor e tomou das máis ruíns moedas, porque, como era listo, non se deixaba gañar po-la cobiza e cavilou que aónda non levando máis cousa que daquela morea, agardáballe un folgado pasar.


     ¡Ai!, mais non contaba con non poder saír e percatouse daquela que o mellor era conservar a vida e, deixando os tesouros, foise. Cando chegou fóra, volveu cavilar, mais agora quixo comprendero fácil que semella o conseguírense as ilusións e o caro que custa de as acadar, aínda que pouco a pouco se vaian empequenando.

 
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901