Ó
ir os nenos co gando ó monte, aparecíaselles unha moza moi guapa que
vestía unha saia moi longa e con moito vóo, un pano ó pescozo, con floco
ata o cóbado e espido nas costas, pelo que lle chegaba á cintura e un
pano á cabeza. Contáronlles os pequenos ós seus maiores esta aparición.
Foron ve-la, descobrírona desde lonxe sobre un coto, pero desapareceu
por encanto ó achegárense.
Unha
rapaza da montaña, que viña co gando ó monte, principiou relaciós neste
lugar cun rapaz que se lle aparecía alí, sempre no mesmo sitio. Naceu
un neno, ó que deu a luz no mesmo monte e quedou co pai para que non o
souberan na os familiares da nai e pasados uns días volveu á casa pero
todos, á mesma hora, ía dar de mamar a criatura.
Desconfiaron os pais e un día mandárona amasar, quixo negarse e non puido, na hora de mamar o neno. Ó estar amasando, saiu leite do seu peito, marchou ó monte, seguírona os pais e viron ó home coa criatura nos brazos.
O home desapereceu e non volveu. Os veciños buscárono por todo o monte e non o atoparon.
Dise que no interior deste monte teñen vivendas os mouros.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901