miércoles, 10 de octubre de 2012

IGREXIA ROMANICA DE ABADES - BANDEIRA


IGREXIA ROMANICA
DE
ABADES 
BANDEIRA
SILLEDA
PONTEVEDRA


SILLEDA
     Superficie: 158,8 km²
     Poboación: 9.055 Habitantes 



Parroquias:
     Abades (Santa María),  Ansemil (San Pedro),  Breixa (Santiago),  Carboeiro (Santa María),  Castro, O (San Mamede),  Cervaña (San Salvador),  Chapa (San Cibrao),  Cira (Santa Baia),  Cortegada (Santa María),  Dornelas (San Martiño),  Escuadro (San Salvador),  Fiestras (San Martiño),  Graba (Santa María),  Lamela (San Miguel),  Laro (San Salvador),  Manduas (San Tirso),  Margaride (San Fiz),  Martixe (San Cristovo),  Moalde (San Mamede),  Negreiros (San Martiño),  Oleiros (San Miguel),  Parada (San Tomé),  Pazos (San Martiño),  Piñeiro (San Xiao),  Ponte (San Miguel),  Refoxos (San Paio),  Rellas (San Martiño),  Saídres (San Xoán),  Siador (San Miguel),  Silleda (Santa Baia),  Taboada (Santiago),  Vilar (San Martiño),  Xestoso (Santa María).


      O concello de Silleda ocupa unha extensión de 158,8 quilómetros cadrados e está formado por 33 parroquias.


     Forma parte da comarca de Deza e a súa capital é Silleda.

  
     O sur e o suroeste deste concello está percorrido por alineacións montañosas nas que se rexistran as maiores altitudes. Nelas nacen os ríos Casela e Escuadro-Toxa, que descenden e orixinan pequenos vales. 


     O oeste está bañado polos ríos Asneiro e Deza, o máis importante da rede fluvial. 


     As diferenzas de altitudes e a orientación das terras marcan variacións no clima oceánico húmido de Silleda. 


     As precipitacións diminúen cara ao noroeste, pois as montañas do suroeste actúan como barreira á entrada dos ventos do mar.


     Aínda se conservan fragas de vexetación autóctona intercaladas con piñeiros, eucaliptos e matos nas zonas altas.

    
     Unha parroquia é:

     Orixinalmente, unha unidade mínima na división relixiosa  das Igrexas cristiás, o terreo asignado a un cura ou pastor. 



     Unha unidade na división administrativa dalgunhas rexións e estados, o cal o rango vai dende inferior ó municipio, como nas comunidades autónomas españolas  de Asturias e Galicia.
Ó seu vez, as parroquias divídense en barrios.




IGREXA DE ABADES
     Santiago de Abades é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 152 habitantes (86 mulleres e 66 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 165 habitantes.



     A Igrexa parroquial de Santa María de Abades é un templo barroco do século XVII de grandes dimensións.


     Foi levantado sustituindo a anterior igrexa parroquial (do século XII) como santuario a Virxe dos Desamparados. 


     Realizouse baixo os planos do pontevedrés Melchor de Ricoi. No século XVII engadiuselle unha alta torre.



     A entiga igrexa parroquial consérvase á súa beira e é unha sinxela contrución románica.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901