DE
SANTO DOMINGO
RIBADAVIA
OURENSE
Ribadavia, vila hospitalaria, foi testemuña da presencia de numerosos pobos e civilizacións que dende tempos remotos colonizaron este territorio debido á súa privilexiada situación e hábitat.
IGREXA E CONVENTO DE SANTO DOMINGO
Declarado Monumento Nacional no ano 1931.
Foi o segundo dos conventos dominicos establecidos en Galicia.
A igrexa, de planta basilical constitúe un dos mellores exemplos do Gótico mendicante en Galicia.
Posúe unha boa colección de capiteis historiados con motivos vexetais, animais e xeométricos, así como fermosas mostras do arte sepulcral dos Ss XIII ao XVI e varios retablos e imaxes dos Ss.XV ao XVIII.
Na fachada principal da Igrexa atópanse os escudos dos Sarmiento, o
real de Castela e León e o de Frai Alonso de Cusanca.
En canto ao Convento, foi obxecto de importantes reformas ao longo dos séculos.
Dende 1299 funcionou como casa de estudos, contaba con cátedras de Teoloxía Moral e Gramática, sendo un dos conventos máis activos de Galicia.

No S.XIX. coa desamortización suprímese unha parte do convento
contiguo á igrexa, destinando o resto de edificios á residencia de
anciáns.
Aínda que foi fundado baixo a advocación de Santa María de Valparaíso, a partir do S. XVII comézase a venerar á Virxe do Portal, fundando ao lado do Convento a Capela da Nosa Señora do Portal.
Aínda que foi fundado baixo a advocación de Santa María de Valparaíso, a partir do S. XVII comézase a venerar á Virxe do Portal, fundando ao lado do Convento a Capela da Nosa Señora do Portal.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901