A parroquia de San Xoán de Lagostelle comprende o núcleo municipal:
Guitiriz, e as aldeas de Acevedo, Amariz, Anxede , Arxá, Barreiro,
Belote, Cabanacomba, Cezar , Escádebas, Xomelio ,A Landoreira, Os
Liñares, Pardiñas, O pazo , O Sanguiñedo , Senande, Sesulfe, A Torre.
Segun o Padrón municipal do 2005 conta con 1933 habitantes.
“Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” e a “ Área Recreativa dos 7 muíños” que
son unhas paraxes naturais desta parroquia que nos permiten entrar de
cheo en contacto coa natureza e coñecer de primeira man a flora e a
fauna local.
De singular atractivo é o que ocorre na “Area Recreativa San Xoán de
Lagostelle” ( coñecida popularmente como o pantano por estar situado o
seu lado) a tardiña cando as ras comezan a croar creando un son moi
fermoso que simula un pequeno concerto musical.
|
Outro dos espazos naturais a destacar desta parroquia é o paseo
fluvial que vai desde a Ponteveiga ata os Sete Muíños, este paseo forma
parte dun tramo da Ruta da Auga.
Neste percorrido camiñamos á beira do río disfrutando dos rebulires de
auga, das cascadas, das árbores e as formas que estes adoptan.
É un
paseo moi agradable, ideal para facer en calquera época do ano, e así
ver como vai cambiando a paisaxe nas diferentes estacións .
Nesta parroquia, no núcleo municipal , destacaríamos o Reloxo
Analemático de Sol , situado no campo da feira.
Chámase así, porque o
gnomon desprazase o longo do ano segun a declinación solar.

Así, é o propio observador quen situado sobre a data sinala a hora coa súa propia sombra.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901